O CEIP. Coirón Dena estableceu como desafío transformar o seu centro ata convertelo nunha escola saudable e sostible. Neste blog atoparán cada un dos seus pasos para lograr o seu propósito. Serán capaces?
viernes, 26 de enero de 2024
Ecopatrulla
jueves, 18 de enero de 2024
Préstamos Tenda Sostible
Para preparar o Día da Paz precisamos practicar moito coas combas. Para facelo non queremos comprar moito material, se non que avogamos pola economía circular e o triángulo da ecoloxía coa nosa Tenda Sostible, xa que compartimos o material entre todo o alumnado.
martes, 16 de enero de 2024
Superliga Saudable
Análise: Bolboreta e A Tribo completan un primeiro trimestre de envexa, con Poder Indeciso ao acecho.
O equipo Bolboreta leva 4,03 puntos, A Tribo moi preto con 3,78 e Poder Indeciso medra na clasificación con 3,72 puntos.
A superliga leva preto do 35% de carga e con isto chegamos ao final do primeiro trimestre, no que houbo unha participación excelente por parte dos equipos integrantes. Toca anunciar o campión que non é outro que o equipo Bolboreta, conformado polo alumnado de 3º de primaria.
Cada equipo participou de cheo no Fruitcounter durante as semanas que conforman os meses de novembro e decembro, e salvo sorpresas, todos os equipos saben cal é o seu principal obxectivo. O equipo Bolboreta está disparado na superliga con récord de puntos mentres que equipos como A Tribo, Poder Indeciso ou Dragóns segue ao acecho de Bolboreta. Máis atrás aparecen Ratiprofes e Dream Team que non poden darse por mortos. Tamén destacamos a melloría de equipos como Terra e Planta neste último mes, e como non o equipo Fantasma que foi dos mellores nesta última xornada.
Dende logo na pelexa pola parte noble todo pode pasar, e equipos como Mundial non deberían darse por perdidos, xa que puntos na mochila ou no carné poden acercalos aos postos da cabeza nun abrir e pechar de ollos.
Así é que isto só acaba de comezar, ao longo deste segundo trimestre non só conta o Fruitcounter para obter puntos, se non que se acercan os simulacros da mochila sá que tamén aportan puntuación e tamén comezan a chegar os primeiros puntos no carné saudable. A verdade é que se pon moi interesante isto!
Quen credes que gañará o superpremio ao final de curso?
RESULTADOS FINAIS HEALTHY CHAMPIONS LEAGUE 2025
Rematou a segunda fase da nosa competición máis saudable e os centros participantes deixáronno todo no campo… ou mellor dito, ¡no prato! Du...
-
Sabemos que moitas e moitos estades ansiosos por coñecer os resultados finais da liga, pero queremos facelo dun xeito moi especial. Antes d...
-
🏆 CLASIFICACIÓN DA 2ª XORNADA DA HEALTHY CHAMPIONS LEAGUE! 🏆 A nosa liga saudable segue sumando froita e bos hábitos! 🍏💪 Nesta xornad...