jueves, 2 de mayo de 2024

Ranking Healthy Champions League

É martes 14 de maio de 2024, xa pasa unha semana da gran nova do CEIP Coirón Dena e... hoxe temos o placer de presentar a primeira xornada da Healthy Champions League a nivel galego!
 
Na seguinte presentación poden consultar todos os resultados logo do transcurso da primeira semana consumindo froita. 


O desafío segue en marcha..

Presentación Healthy Champions League

 

Dende o CEIP Coirón Dena queremos comezar esta publicación agradecendo a participación a uns centros galegos na nosa iniciativa, estamos moi ilusionados e en parte e gracias a todas e todos vós. 

Estaba previsto que fose durante todo o mes de maio, sen embargo como esta semana xa case rematou e para non ir xustiños de tempo, decidimos comezar oficialmente o próximo luns día 6 de maio. 

A continuación describimos cada un deles, de novo gracias por unirvos. 

- O CEIP Coirón Dena con Dena Activa

- ⁠Noel Fernández do CEIP Plurilingüe Lope de Vega con Os Frugívoros do Lope

- ⁠Inma Vila do CEIP Emilia Pardo Bazán con Chouciños CF

- ⁠Belén Quiñones do CEIP Plurilingüe de Conmeniño con Conmeniño Saudable

- ⁠Brais Prados do CEIP Manuel Sieiro con Fruteiros Siareiros do Manuel Sieiro

- ⁠Ana Vilá do CEIP Torre de Hércules con Torre Healthy

- ⁠Natalia Iglesias do CEIP Plurilingüe de Toques con Toquifruti CF

- ⁠Conchita Fraga do CEIP Plurilingüe de Castroverde con Os Toxos de Castroverde

- ⁠Carmen Segade do CEIP A Lama con A Lama SD

- ⁠Sergio Abal do CEIP Corvillón con Os Sanotes de Corvillón

- ⁠Iván Sangiao do CEIP Pérez Viondi con Pérez Frutti

- ⁠Ana Gay do CEIP Ramón de la Sagra con O club de Ramón

- Esther Torrado do CEIP Rosalía de Castro con Colexio de Carril CF

Con respecto á actualización e publicación do ranking da liga será os luns ou martes a través deste blog e das redes sociais do centro.

A maiores, que saibades que o noso Equipo Promotor de Hábitos Saudables pronto se reunirá para valorar posibles premios, intentaremos agradecervos a cada un de vós a participación da mellor maneira posible, e que isto só sexa o comezo de algo bonito. Con respecto a isto, estamos abertos a posibles propostas e demandas.


E sen máis... que comece o desafío!


Un saúdo con sabor a froita 

Ranking Healthy Champions League

É martes 14 de maio de 2024, xa pasa unha semana da gran nova do CEIP Coirón Dena e... hoxe temos o placer de presentar a primeira xornada d...