miércoles, 29 de mayo de 2024

3ª Xornada da Healthy Champions League

Benvidas e benvidos a unha nova xornada da HCL,

houbo moitas sorpresas nesta xornada. Por un lado queremos destacar a subida de "A Lama SD" ata o 2º posto, con nin máis nin menos que 0,96 puntos na xornada. Tamén ascende "Fruteiros Siareiros do Manuel Sieiro", aínda que non superan os rexistros que acadaron na súa primeira xornada. E como sobresaínte aparece da nada "Toquifruti CF", que acadan 0,91 puntos, acercándose ao mellor rexistro establecido polo líder da liga na 1ª xornada. 

E con respecto a este último, o gran líder "Choiciños CF", mantense no 1º posto, sen embargo corre risco de perdelo, "A Lama" e o todo poderoso "Pérez Frutti" acechan moi de preto. 

Sen máis, chegamos a última xornada da liga con sabores dulces e agridulces, igual que as protagonistas da mesma: as froitas

Que credes que nos deparará esta última xornada?

Agardamos os vosos comentarios e estamos desexando que chegue o final!

Un saúdo, 

con sabor a froita!

1 comentario:

  1. Bos días!
    Saudámosvos dende Vigo. As froiterías do noso barrio están moi felices con esta iniciativa saudable, estamos comendo máis froita ca nunca asique queridos "A Lama" e "Pérez Frutti" metédelle caña porque non o imos poñer nada doado.
    Se seguimos todos así, imos comer o mundo (sempre e cando teña sabor a arando hahaha).
    Un fruti saúdo e moitos ánimos!

    ResponderEliminar

RESULTADOS FINAIS HEALTHY CHAMPIONS LEAGUE 2025

Rematou a segunda fase da nosa competición máis saudable e os centros participantes deixáronno todo no campo… ou mellor dito, ¡no prato!  Du...