Sabemos que moitas e moitos estades ansiosos por coñecer os resultados finais da liga, pero queremos facelo dun xeito moi especial.
Antes de nada, queremos preguntarvos: recordades porque naceu a Healthy Champions League?
Cando a presentamos viñamos a dicirvos que “o segredo da educación é ensinar de tal maneira que non se dean conta de que están aprendendo ata que é demasiado tarde”, unha frase de Harold E. Edgerton. Esperamos que logo deste gran desafío esta frase cobre sentido para todas e todos vos.
E sen máis, dicirvos que como sabedes, a semana pasada foi a última xornada da liga, a cal nos deparou algunha que outra sorpresa. Ao longo dos vindeiros días faremos un post da liga, publicando os resultados, analizando datos e moito máis.
Pouco a pouco coñeceremos os mellores centros galegos en materia de saúde.
Non o perdades!
Non podemos vivir con esta incertidume. Necesitamos coñecer a clasificación final. Non nos importa ser gañadores ou non, pero queremos sabelo XA! As nosas profes necesitan poder dar clase sen ter que actualizar esta páxina cada dous minutos.
ResponderEliminarAproveitamos para darvos as grazas de novo como CEIP organizador e por convidarnos as participar con vós. A nosa saúde agradécevolo!
Bo día Chouciños,
Eliminarentendemos a vosa intriga e inquietude, pero cremos que a diversión ten que durar uns días máis.
Así que nada, como di o refrán “o bo faise agardar” (jeje).
Gracias de novo polo voso gran interés e involucración.
Estamos exercitando moito a nosa paciencia. Vennos ben pero... está sendo dura a espera. Recargamos a páxina varias veces no día. Imos gastar o F5 do teclado hahaha
Eliminar