"Quizais non se trate do final feliz. Quizais se trate da historia"
A frase anterior fai eco no proxecto Dena Activa. Para nós os resultados son números, uns mellores que outros pero todos positivos, xa que non se trata do final, trata da historia que nos levou a ese final.
Dende o Equipo Promotor de Hábitos Saudables escribimos isto pedíndovos que vos imaxinedes un sonoro aplauso para todos e cada un dos centros que participastes nesta gran iniciativa.
E agora, sen máis, coñecemos os resultados finais:
- Toquifruti CF: con 62 participantes, consumiron un total de 368 froitas, acadando 1,187 puntos na liga e ocupando o 13º posto.
- Os Toxos de Castroverde: con 12 participantes, consumiron un total de 121 froitas, acadando 2,017 puntos e ocupando o 12º posto.
- Os Sanotes de Corvillón: con 95 participantes, consumiron un total de 1076 froitas, acadando 2,265 puntos e ocupando o 11º posto.
- Conmeniño Saudable: con 125 participantes, consumiron un total de 1455 froitas, acadando 2,328 puntos e ocupando o 10º posto.
- Os frugívoros do Lope: con 160 participantes, consumiron un total de 1872 froitas, acadando 2,340 puntos e ocupando o 9º posto.
- Dena Activa: con 233 participantes, consumiron un total de 2816 froitas, acadando 2,417 puntos e ocupando o 8º posto.
- Torre Healthy: con 117 participantes, consumiron un total de 1398 froitas, acadando 2,420 puntos e ocupando o 7º posto.
- Os Siareiros do Manuel Sieiro: con 44 participantes, consumiron un total de 541 froitas, acadando 2,459 puntos e ocupando o 6º posto.
- Colexio de Carril CF: con 37 participantes, consumiron un total de 467 froitas, acadando 2,524 puntos e ocupando o 5º posto.
- O club de Ramón: con 49 participantes, consumiron un total de 719 froitas, acadando 2,765 puntos e ocupando o 4º posto.
- Pérez Frutti: con 307 partipantes, consumiron un total de 4259 froitas, acadando 2,775 puntos e ocupando o 3º posto.
- A Lama SD: con 10 participantes, consumiron un total de 161 froitas, acadando 3,220 puntos e ocupando o 2º posto.
- Choiciños CF: con 37 participantes, consumiron un total de 630 froitas, acadando 3,405 puntos e ocupando o 1º posto.
Nas nosas clases probáronse froitas que nunca antes se comeran, trouxemos froitas pensando nos compañeiros e compañerias que ese día na súa casa non tiñan, preocupámonos ola mañá de revisar as merenda que tiñamos na mochila, cousa que antes non faciamos, e todos estes detalles son o verdadeiro éxito. GRAZAS pola iniciativa e BO VERÁN a todas e todos. Un último CHOUCI-SAÚDO.
ResponderEliminar