Móvete pola Paz! 🕊️✨
Este trimestre quixemos expresar dun xeito especial o noso compromiso coa paz. Todo o alumnado uniuse para crear unha mensaxe poderosa: a frase "Móvete pola Paz" elevándose cara ao ceo, mentres realizabamos unha coreografía de saltos con cordas.
Desde o alto, un dron captou este momento único, onde o esforzo, a coordinación e a ilusión de todas e todos se fusionaron para transmitir unha mensaxe de unión e esperanza. Porque a paz non é algo estático, senón un movemento constante que construímos con cada acción, con cada xesto de respecto e solidariedade. 📹
No hay comentarios:
Publicar un comentario