O CEIP Coirón Dena é un colexio que estableceu como obxectivo: "transformar o seu centro nunha escola saudable e sostible, que incremente as oportunidades educativas e, cree tendencias en materia de saúde e benestar a través de hábitos saudables".
No presente curso escolar o centro conformou un Equipo Promotor de Hábitos Saudables composto por profesorado e alumnado. O propósito deste equipo é impulsar propostas saudables que melloren o clima de convivencia e traballo entre os distintos membros da comunidade educativa, así como a súa calidade de vida.
Hoxe tivemos unha reunión todos os membros do equipo, nela chegamos a un acordo moi importante co equipo directivo sobre o proxecto Dena Activa, que ten que ver coa nosa Superliga Saudable.
En breves teremos máis novidades sobre un desafío moi motivador e ilusionante.
TIC TAC...
No hay comentarios:
Publicar un comentario