Emoción, tradición e implicación!
Este venres pola mañá celebramos no cole as Letras Galegas 2025 cunha xornada chea de actividades que mesturaron cultura, lingua e moita participación!
Organizamos 14 estacións con 7 xogos tradicionais galegos:
🐔 Galiña Desplumada
🔑 A Chave
🤝 Sogatira
🌽 Recollida de Mazarocas
🐷 A Porca
💺 As Cadeiras
🎳 Os Birlos
👧🧒 Os grupos foron interniveis, desde 3 anos ata 6º de Primaria, con arredor de 15 nenos e nenas en cada grupo. Cada estación tiña unha duración entre 7 e 10 minutos.
🧑🏫 O máis destacable?
A autonomía do alumnado de 3º ciclo, que organizou, explicou e dinamizou cada xogo sen intervención do profesorado, que estivo nunha posición de observación e apoio externo.
🎶 Música, baile e lingua!
💃🕺 Ademais dos xogos, cada curso participou nun baile en roda colectiva.
🎵 E como peche emotivo, cantamos todas e todos o Himno Galego coa emoción que merece este día.
📌 Outras propostas dinamizadoras da lingua galega tamén estiveron presentes. Podes descubrilo no Blog de Lingua Galega 👉 (clic no enlace).
Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer desta xornada un verdadeiro exemplo de colaboración, cultura e identidade! 💙
No hay comentarios:
Publicar un comentario