Rematou a segunda fase da nosa competición máis saudable e os centros participantes deixáronno todo no campo… ou mellor dito, ¡no prato!
Durante estas semanas, sumamos un total espectacular de 17.408 froitas consumidas entre 1.338 participantes. Un exemplo real de compromiso coa saúde, a alimentación equilibrada e o traballo en equipo.
📊 CLASIFICACIÓN FINAL:
🥇 1º Chouciños – Dominadores totais desta edición!
🥈 2º A Lama SD – Un centro pequeno que demostrou ser enorme en hábitos saudables!
🥉 3º Fruti Magaláns – Constancia e compromiso ata o final!
Tamén destacan no Top 6:
🔹 A FruttiFraga –
🔹 Os Froiteiros do Xoán de Requeixo –
🔹 Dena Activa CF –
💬 E agora que?
Pois agora... a celebrar o esforzo, reflexionar sobre o aprendido e seguir sumando saúde día a día! Esta liga remata, pero os hábitos saudables continúan.
Grazas a todos os centros participantes por facer posible esta experiencia única. O ano que vén... máis e mellor! 😉