miércoles, 29 de mayo de 2024

3ª Xornada da Healthy Champions League

Benvidas e benvidos a unha nova xornada da HCL,

houbo moitas sorpresas nesta xornada. Por un lado queremos destacar a subida de "A Lama SD" ata o 2º posto, con nin máis nin menos que 0,96 puntos na xornada. Tamén ascende "Fruteiros Siareiros do Manuel Sieiro", aínda que non superan os rexistros que acadaron na súa primeira xornada. E como sobresaínte aparece da nada "Toquifruti CF", que acadan 0,91 puntos, acercándose ao mellor rexistro establecido polo líder da liga na 1ª xornada. 

E con respecto a este último, o gran líder "Choiciños CF", mantense no 1º posto, sen embargo corre risco de perdelo, "A Lama" e o todo poderoso "Pérez Frutti" acechan moi de preto. 

Sen máis, chegamos a última xornada da liga con sabores dulces e agridulces, igual que as protagonistas da mesma: as froitas

Que credes que nos deparará esta última xornada?

Agardamos os vosos comentarios e estamos desexando que chegue o final!

Un saúdo, 

con sabor a froita!

Patios DINS

Dentro da proposta de patios xa fai tempo que decidimos incorporar o slackline cunha tirolina. Hoxe por fin o fixemos, polo que pronto poderemos gozar dos seus beneficios: mellora da postura, elasticidade nas articulacións, control respiratorio ou control do corpo. Estes son algúns dos moitos que nos aporta, sen esquecer a diversión e o esparcimento que ofrece este deporte. 

Pronto teremos máis novidades do patio, xa que antes de rematar o curso temos previsto inaugurar novas zonas e espazos

Non o perdades!








miércoles, 22 de mayo de 2024

2ª Xornada da Healthy Champions League

Superamos xa o 50% da liga e os resultados son os seguintes. A verdade é que aínda queda moito que dicir, pero a cousa xa pinta moi ben para algúns centros. 
Quen pensades que gañará?


martes, 21 de mayo de 2024

Barco teledirixido

Pasou a primeira semana da Healthy Champions League ocupando a décima posición do ranking. Sen embargo, foi unha semana positiva, xa que recuperamos o consumo de froita dos anteriores trimestres. Pasamos de 522 a 669 froitas durante unha semana. 

Ademais, temos que facer mención especial ao equipo Fantasma de 4ºA, onde son 13 participantes e consumiron un total de 60 froitas na semana. 

Por elo son os gañadores do "vale por un día" para usar o barco teledirixido no estanque! En hora boa equipo!






jueves, 2 de mayo de 2024

Ranking Healthy Champions League

É martes 14 de maio de 2024, xa pasa unha semana da gran nova do CEIP Coirón Dena e... hoxe temos o placer de presentar a primeira xornada da Healthy Champions League a nivel galego!
 
Na seguinte presentación poden consultar todos os resultados logo do transcurso da primeira semana consumindo froita. 


O desafío segue en marcha..

Presentación Healthy Champions League

 

Dende o CEIP Coirón Dena queremos comezar esta publicación agradecendo a participación a uns centros galegos na nosa iniciativa, estamos moi ilusionados e en parte e gracias a todas e todos vós. 

Estaba previsto que fose durante todo o mes de maio, sen embargo como esta semana xa case rematou e para non ir xustiños de tempo, decidimos comezar oficialmente o próximo luns día 6 de maio. 

A continuación describimos cada un deles, de novo gracias por unirvos. 

- O CEIP Coirón Dena con Dena Activa

- ⁠Noel Fernández do CEIP Plurilingüe Lope de Vega con Os Frugívoros do Lope

- ⁠Inma Vila do CEIP Emilia Pardo Bazán con Chouciños CF

- ⁠Belén Quiñones do CEIP Plurilingüe de Conmeniño con Conmeniño Saudable

- ⁠Brais Prados do CEIP Manuel Sieiro con Fruteiros Siareiros do Manuel Sieiro

- ⁠Ana Vilá do CEIP Torre de Hércules con Torre Healthy

- ⁠Natalia Iglesias do CEIP Plurilingüe de Toques con Toquifruti CF

- ⁠Conchita Fraga do CEIP Plurilingüe de Castroverde con Os Toxos de Castroverde

- ⁠Carmen Segade do CEIP A Lama con A Lama SD

- ⁠Sergio Abal do CEIP Corvillón con Os Sanotes de Corvillón

- ⁠Iván Sangiao do CEIP Pérez Viondi con Pérez Frutti

- ⁠Ana Gay do CEIP Ramón de la Sagra con O club de Ramón

- Esther Torrado do CEIP Rosalía de Castro con Colexio de Carril CF

Con respecto á actualización e publicación do ranking da liga será os luns ou martes a través deste blog e das redes sociais do centro.

A maiores, que saibades que o noso Equipo Promotor de Hábitos Saudables pronto se reunirá para valorar posibles premios, intentaremos agradecervos a cada un de vós a participación da mellor maneira posible, e que isto só sexa o comezo de algo bonito. Con respecto a isto, estamos abertos a posibles propostas e demandas.


E sen máis... que comece o desafío!


Un saúdo con sabor a froita 

RESULTADOS FINAIS HEALTHY CHAMPIONS LEAGUE 2025

Rematou a segunda fase da nosa competición máis saudable e os centros participantes deixáronno todo no campo… ou mellor dito, ¡no prato!  Du...