A Healthy Champions League segue medrando e cada vez son máis comprometidos os centros no reto de vivir con saúde! Con esta segunda xornada, os 10 participantes chegaron ao total de 8.589 froitas no mes de maio!
📊 Clasificación actual:
🥇 Chouciños – 1,680 froitas por participante. Lideran con forza esta fase!
🥈 A Lama SD – 1,600. Un centro pequeno pero que xoga ao grande!
🥉 Dena Activa CF – 1,283. Os promotores da liga manteñen a posición no podio!
🔝 Tamén destacan esta semana:
Fruti Magaláns (1,278)
Os Froiteiros do Xoán de Requeixo (1,273)
Conmeniño Saudable (1,233)
💬 Quen logrará manter o ritmo nas últimas xornadas desta fase? Superaremos as 10.000 froitas? O reto está en marcha!