jueves, 13 de junio de 2024

Vídeoconferencia HCL

 Hoxe tivemos unha vídeoconferencia co CEIP Plurilingüe Lope de Vega, chamados na nosa liga "Os Frugívoros do Lope". Foi unha experiencia enriquecedora que culmina entre este centro e o noso a gran labor desta iniciativa. 

Dende o Equipo Promotor de Hábitos Saudables queremos dárlles a en hora boa pola súa gran participación e, por suposto, pola súa involucración na liga en todo momento. 

Poden consultar as preguntas que foron foco de atención durante a vídeoconferencia e deixamos unha imaxe do momento. 





miércoles, 12 de junio de 2024

Poñemos cara aos guías da HCL


 

4ª Xornada HCL

 

Resultados Healthy Champions League

 "Quizais non se trate do final feliz. Quizais se trate da historia"

A frase anterior fai eco no proxecto Dena Activa. Para nós os resultados son números, uns mellores que outros pero todos positivos, xa que non se trata do final, trata da historia que nos levou a ese final. 

Coa liga rematada concluímos que a nivel galego 1288 nenas e nenos consumiron na merenda da mañá durante o mes de maio 15883 froitas. 

Dende o Equipo Promotor de Hábitos Saudables escribimos isto pedíndovos que vos imaxinedes un sonoro aplauso para todos e cada un dos centros que participastes nesta gran iniciativa. 

E agora, sen máis, coñecemos os resultados finais:

  • Toquifruti CF: con 62 participantes, consumiron un total de 368 froitas, acadando 1,187 puntos na liga e ocupando o 13º posto. 
  • Os Toxos de Castroverde: con 12 participantes, consumiron un total de 121 froitas, acadando 2,017 puntos e ocupando o 12º posto.
  • Os Sanotes de Corvillón: con 95 participantes, consumiron un total de 1076 froitas, acadando 2,265 puntos e ocupando o 11º posto.
  • Conmeniño Saudable: con 125 participantes, consumiron un total de 1455 froitas, acadando 2,328 puntos e ocupando o 10º posto.
  • Os frugívoros do Lope: con 160 participantes, consumiron un total de 1872 froitas, acadando 2,340 puntos e ocupando o posto.
  • Dena Activa: con 233 participantes, consumiron un total de 2816 froitas, acadando 2,417 puntos e ocupando o posto.
  • Torre Healthy: con 117 participantes, consumiron un total de 1398 froitas, acadando 2,420 puntos e ocupando o posto.
  • Os Siareiros do Manuel Sieiro: con 44 participantes, consumiron un total de 541 froitas, acadando 2,459 puntos e ocupando o posto.
  • Colexio de Carril CF: con 37 participantes, consumiron un total de 467 froitas, acadando 2,524 puntos e ocupando o posto.
  • O club de Ramón: con 49 participantes, consumiron un total de 719 froitas, acadando 2,765 puntos e ocupando o posto.
  • Pérez Frutti: con 307 partipantes, consumiron un total de 4259 froitas, acadando 2,775 puntos e ocupando o posto.
  • A Lama SD: con 10 participantes, consumiron un total de 161 froitas, acadando 3,220 puntos e ocupando o posto.
  • Choiciños CF: con 37 participantes, consumiron un total de 630 froitas, acadando 3,405 puntos e ocupando o posto.

En hora boa a todas e todos e millóns de gracias por sumarvos a este desafío saudable.


martes, 4 de junio de 2024

O Post da Healthy Champions League

Sabemos que moitas e moitos estades ansiosos por coñecer os resultados finais da liga, pero queremos facelo dun xeito moi especial. 

Antes de nada, queremos preguntarvos: recordades porque naceu a Healthy Champions League?

Cando a presentamos viñamos a dicirvos que “o segredo da educación é ensinar de tal maneira que non se dean conta de que están aprendendo ata que é demasiado tarde”, unha frase de Harold E. Edgerton. Esperamos que logo deste gran desafío esta frase cobre sentido para todas e todos vos.

E sen máis, dicirvos que como sabedes, a semana pasada foi a última xornada da liga, a cal nos deparou algunha que outra sorpresa. Ao longo dos vindeiros días faremos un post da liga, publicando os resultados, analizando datos e moito máis. 

Pouco a pouco coñeceremos os mellores centros galegos en materia de saúde.

Non o perdades!


RESULTADOS FINAIS HEALTHY CHAMPIONS LEAGUE 2025

Rematou a segunda fase da nosa competición máis saudable e os centros participantes deixáronno todo no campo… ou mellor dito, ¡no prato!  Du...